Number of articles: 327

Estrea da páxina web do Opus Dei en galego

A iniciativa nace ao cumprirse o quinto aniversario da canonización de San Josemaría Escrivá. A Prelatura del Opus Dei ofrece información na súa páxina oficial (www.opusdei.org) en vintecinco idiomas. Agora, incorporou o galego. A dirección é www.galego.opusdei.org.

Do Opus Dei

Un proxecto diferente

“Non queda máis remedio que estudar, non hai tempo para outra cousa”, sinala Marcos, alumno do ciclo de grao medio de Explotacións Agrarias que se imparte na EFA Fonteboa, en Coristanco (A Coruña). E non lle falta razón.

“Falar con Deus é doado en calquera lugar”

Carlos García Estraviz é un médico de 39 anos, especialista en Cuidados Intensivos. Describe neste testemuño o seu traballo no 061 de Galiza, un Sistema de Emerxencias Médicas extrahospitalarias.

“O sentido de ter como espectador a Deus mesmo é o que me cambiou a vida”

Fernando Artal é licenciado en Belas Artes pola Universidade de Barcelona. Traballa como profesor e pintor en Vigo. Está casado e ten tres fillos, dos que dous seguen os seus pasos e se adican á pintura.

“A través do traballo, colabouro cos plans de Deus”

Diego Álvarez, de 30 anos recén cumpridos, foi durante tres anos militar profesional e dende hai cinco traballa como estibador no porto de Valencia. Está casado con Tania e é supernumerario do Opus Dei.

EDUCAR No Val do Chalco (Mexico)

Cando viaxaron a México, tanto Xoan Paulo II como Mons. Álvaro del Portillo alentaron ás familias cristiás a mellorar a educación das persoas necesitadas. Un grupo de fieis do Opus Dei promoveu Meyalli e Acuautla, dúas escolas para nenas e nenos respectivamente no Val do Chalco (Cidade de México), un dos barrios máis desfavorecidos da capital. Hoxe edúcanse alí 1.500 rapaces

As ‘mozas da hixiene’ do Congo

Fai sete anos, Candelas Varela –enfermeira de Vigo- viaxou á República Democrática do Congo para poñer en marcha unha escola de enfermería. Na actualidade, esta xoven do Opus Dei dirixe en Kinshasa o ISSI-Monkole, un dos centros de formación sanitaria máis prestixiosos do país. As suás alumnas son coñecidas como as ‘mozas da hixiene’.

Falece o profesor Amadeo de Fuenmayor Champín

Era sacerdote da Prelatura do Opus Dei, catedrático de Dereito civil, académico de Xurisprudencia, ademais dun dos piares da Universidade de Navarra. Incluimos nesta sección un breve resumo biográfico e dúas testemuñas sobre a súa vida, publicados en La Gaceta e en El Correo Gallego.

Historia de dúas fotografías

Luis de Castro é un dos sacerdotes numerarios do Opus Dei recentemente ordenados en Roma. A partir de dúas fotografías un curmán de Luis relata as súas impresións tra-la ordenación.

Un premio de cine

A curtametraxe "War Cry" (Grito de guerra) do club xuvenil Rueiro foi premiada como “mellor película” na XIV edición do Festival Amateur de vídeo Xuvenil de Vitoria-Gasteiz “Gaztebideo”

Do Opus Dei