E de súpeto somos sete
Isabel é unha Supernumeraria do Opus Dei que vive na Coruña. Ela acolleu a cinco nenos, procedentes de familias con problemas, nos últimos oito anos. A súa experiencia englóbase no programa da Cruz Vermella. Hai vinte cativos en espera na provincia.
Nadal solidario
Axuda. Un grupo de dez voluntarias da Asociación Riosar de Santiago de Compostela, de entre 13 e 25 anos, recorreron estes días as rúas da cidade para recoller xoguetes e alimentos para os máis necesitados. O principal obxectivo foi sacar un sorriso para os cativos e concienciar a sociedade.
Preguntas sobre a Prelatura Persoal
Con motivo do XXV aniversario da erección do Opus Dei como Prelatura persoal, o Prof. Carlos José Errázuriz responde a algunhas preguntas.
Ningún neno sen xoguetes
A asociación Rueiro, que reúne a xente nova de A Coruña, recolleu xoguetes durante varios días para ofrecelos ás familias máis desfavorecidas. O obxectivo, que dá nome á campaña solidaria, é que non haxa “Ningún neno sen Reis”.
O Belén perenne do Sagrario
Publicamos un texto sobre o Nadal. Nel recórdase que os Magos levaron ouro, incenso e mirra. ¿Que levamos nós ao Neno Jesús?: O traballo de todas as actividades humanas.
Ao norte do Círculo Polar
Chámome Fran e vivo en Galicia, e os tres meses que pasei en Finlandia déronme a oportunidade de coñecer de preto e apoiar o labor do Opus Dei nos países do norte de Europa.
O Centro Aloya Cumpre 40 anos dende a súa implantación en Vigo
O colexio Aloya ven de cumprir os corenta anos dende a súa implantación na aba do Castro, en Vigo. Empezou como Escola e Secretariado de Dirección Bilingüe un 11 de outubro de 1967 para ofrecer ás mulleres viguesas unha formación profesional e humana de calidade e para nutrir o mercado laboral dunha cidade emerxente que carecía de profesionais cualificados neste sector.
"A liberdade relixiosa constitúe un dereito universal e inviolable."
O Cardeal Julián Herranz diserta sobre liberdade relixiosa nas Xornadas sacerdotais de Olbeira, en Vilanova de Arousa (Pontevedra)
Camiño de Santiago internacional
A Asociación Cultural XESTAL de Santiago de Compostela rematou en agosto o seu IV Camiño de Santiago Internacional, con participación de persoas de Hungría, Austria e España. Elixiron esta vez o Camiño Portugués.
Solidaridade galega en Guatemala
O Colexio Maior La Estila organizou por segundo ano consecutivo un campo de traballo solidario en Guatemala.








