
Centro de Documentación y Estudios Josemaría Escrivá de Balaguer
El Centro de Documentación y Estudios Josemaría Escrivá de Balaguer (CEDEJ) es una Sección del Instituto Histórico San Josemaría Escrivá de Balaguer (ISJE)

Un santo namorado
“¿Habéis visto alguna persona de su edad que hablara así de estar enamorado, del amor a Dios?”. Isto preguntaba Patricia San Miguel, coautora do libro “Camino enamorado” (Palabra), na presentación que fixo na Casa do Libro de Vigo. Referíase a san Josemaría Escrivá. Entre ela e Gema Pérez Herrera destilaron, explican no subtítulo, un 10% do libro máis famoso de san Josemaría. ¿Para qué? Para dar resposta a unha pregunta que facía o fundador do Opus Dei: ¿Como podemos vivir se non estamos namorados?

"Nós non somos alleos ao galego"
“Nós non somos alleos ao galego. Nós non temos un punto de vista negativo sobre o galego”. Son palabras de Xesús Alonso Montero, entón presidente da Real Academia Galega (RAG), na presentación de "Conversacións con Mons. Escrivá de Balaguer" (Follas Novas). Valoraba o profesor e filólogo, falecido o pasado 6 de febreiro, o que, na súa opinión, pensaban "os militantes e simpatizantes do Opus Dei" sobre o feito de traducir ao galego os libros de san Josemaría. Tamém agradecía que se fixeran esas traducións.

Estudantes do Club Beiramar de Vigo promoven a lectura con un concurso de microrrelatos
Escriben. Publican. Debaten. Ven películas baseadas en libros pero sobre todo son adictas a lectura. A súa profesora, MaryLuz Álvarez-Buylla, recomendalles libros a elas e aos seus pais. Almudena, Daniela, Valentina e Alejandra son estudantes de segundo da ESO e forman parte do grupo de escritura creativa do Club Beiramar de Vigo. Para difundir a importancia da lectura veñen de convocar un concurso de microrrelatos para estudantes de 5º e 6º de primaria e 1º da ESO da provincia de Pontevedra.

O sorriso de Pilar
Pilar Díaz-Caso faleceu o 13 de febreiro víctima da colisión frontal entre dous vehículos ocorrida en Fisteus (Curtis-A Coruña). O feito conmocionou tanto a profesorado e alumnos da Efa Piñeiral, onde era docente e durante un tempo foi directora, como na comarca de Arzúa. Foron numerosas as testemuñas de condolencia chegadas ao centro e á súa familia e achegados.

Coidados e retos nas xornadas sacerdotais en Montecelo
O acompañamento entre os sacerdotes, os retos da vida sacerdotal e a situación social na que se moven os presbíteros foron algunhas das cuestións tratadas nas xornadas sacerdotais celebradas os días 26 e 27 de xaneiro en Montecelo (Paderne- A Coruña). Os relatores foron monseñor José María Yanguas, bispo de Cuenca, e Santiago Martínez, director do Centro de Estudos Josemaría Escrivá (Universidade de Navarra). O lema do encontro foi “Nunca só. O corazón do sacerdote e a súa verdadeira compañía”.

Pasamento de Manuel Fernández Areal, un mestre de xornalistas
Falece Manuel Fernández Areal, mestre de xornalistas e primeiro Decano da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo [Campus de Pontevedra]. Ferrolán de berce, estudou Dereito na Universidade de Santiago. Doutor en Dereito e en Ciencias da Información, foi o primeiro presidente da Sociedade Española de Xornalística, dedicada a investigación nesta materia.

"Ou sabemos encontrar na nosa vida ordinaria ao Señor, ou non o encontraremos nunca". San Xosemaría
Fundador do Opus Dei