Ás bolsas Harambee Guadalupe son un programa polo cal, durante unha década, dez científicas africanas poderán beneficiarse cada ano dunha estancia de investigación en centros médicos e académicos de España. Con motivo do lanzamento do libro, a autora concedeu varias entrevistas a medios de comunicación e participou en diferentes eventos de presentación en España.
Tal como explicou a autora, a idea de escribir este libro xurdiu con ocasión da beatificación de Guadalupe Ortiz de Landázuri, unha científica do Opus Dei que buscou a santidade a través do exercicio da súa profesión como química e impulsou diversas iniciativas de promoción da muller. Por mor dunha entrevista publicada no diario El Mundo o día posterior á beatificación, a editorial propuxo a Isabel Sánchez escribir un libro sobre historias de superación, que presentase o liderado da muller en diversos ámbitos.
Entre estas historias, podería incluírse a das beneficiadas polas bolsas Guadalupe, pois son "mulleres compás" que traballan desde a ciencia polo progreso dos seus países. Nesta primeira convocatoria, moitas delas viron polo momento suspendida a súa estancia no estranxeiro por mor da emerxencia sanitaria causada pola Covid-19. Unha situación incerta que está moi presente nas páxinas do libro, onde se ofrecen valiosos consellos para afrontar as dificultades e traballar de forma conxunta e solidaria por mellorar a propia contorna social.
A autora presentou o libro nun evento digital, celebrado o pasado venres, 4 de setembro. Nun diálogo co xornalista Gonzalo del Prado, falou da xénese deste ensaio e os grandes retos que se presentan ao mundo contemporáneo, e que configuran cada un dos capítulos. Diante de este bosque de desafíos, Isabel Sánchez fala de preto de 80 mulleres que souberon atopar o norte e orientar a moitas outras persoas en ámbitos diversos como a educación, os negocios, a saúde ou a vida familiar. A moitas as coñeceu grazas ás súas viaxes por máis de 50 países, como parte do seu traballo na Asesoría Central do Opus Dei.