Guía de libros electrónicos

Na Guía explícase o modo de utilizar os libros electrónicos dispoñibles nesta páxina web: unha descrición dos formatos utilizados e unha guía de dispositivos. Tamén atoparán unha lista dos libros editados pola Oficina de Información do Opus Dei dispoñibles na iBookstore de Apple, todos para descarga gratuíta.

Para acceder á Guía, faga click na seguinte ligazón: www.opusdei.es/ebooks/

Entre os libros publicados pola Oficina de Información do Opus Dei atópanse textos do Papa Francisco, os documentos completos do Concilio Vativano II, o Compendio do Catecismo da Igrexa católica, as Encíclicas de Benedito XVI, as Cartas Pastorais do Prelado do Opus Dei, etc.