Oración

Oración para a devoción privada

Oh Deus, que pola mediación da Santísima Virxe, concediches a san Josemaría, sacerdote, gracias sen número, escolléndoo como instrumento fidelísimo para funda-lo Opus Dei, camiño de santificación no traballo profesional e no cumprimento dos deberes cotiáns do cristián: fai que eu saiba tamén converter tódolos momentos e circunstancias da miña vida en ocasión de amarte, e de servir con ledicia e con sinxeleza á Igrexa, ó Romano Pontífice e máis ás almas, alumeando os vieiros da terra coa lumieira da fe e do amor.

Concédeme pola intercesión de san Josemaría o favor que che pido... (pídase). Así sexa.

Noso Pai, avemaría, gloria