O “Via Crucis” de San Xosemaría en lingua galega

En Santiago de Compostela presentouse a primeira edición do “Vía Crucis” en lingua galega. É a segunda obra do santo traducida ao galego, despois das edicións de “Camiño” de 1968 e 1991.

“Via Crucis xa se pode ler en galego. Onte, na Fundación Caixa Galicia, da Rúa do Vilar, presentouse a 25ª edición desta obra escrita por San Xosémaría Escrivá de Balaguer, fundador do Opus Dei. E se fixo como novidade, traducida ao galego.

No acto estiveron presentes Ángel Gómez Iglesias, catedrático de Dereito Romano na Universidade de Santiago, Luciano Armas, o crego que fixo a tradución, e María Luisa López, actualmente patrona da Fundación Rosalía de Castro. Faltou á cita, porén, o arzobispo de Compostela, monseñor Julián Barrio.

Monseñor Barrio tivo que anular a súa participación pola morte dun familiar, o que lle obrigou a trasladarse ao seu pobo natal, Manganeses de la Polvorosa, na provincia de Zamora.

Via Crucis publicouse por primeira vez en 1981, e inclúe os comentarios que fixo o santo Escrivá sobre as catorce estacións do camiño de Xesús ao Calvario.”

El Correo Gallego