Iniciativas en torno á visita de Benedicto XVI

Con motivo da viaxe de Benedicto XVI a Santiago de Compostela están a xurdir todo tipo de iniciativas en torno aos colexios e asociacións xuvenís de toda Galicia, para preparar a súa vinda. Iniciativas de voluntariado, xornadas de adoración ao Santísimo para rezar polos froitos da viaxe, charlas-coloquio sobre o maxisterio do Papa ou a credencial do estudante son algunhas delas.

Os Colexios maiores A Estila e Arosa, coa colaboración doutras asociacións xuvenís de Galicia reuniron preto de 150 voluntarios para colaborar na preparación da visita do Papa a Galicia. Trátase de estudantes universitarios na súa maioría.

O Club xuvenil Roiba a organizado con este motivo o "Foro de pais en torno á fe" trátase de charlas-coloquio que teñen lugar os venres pola tarde, nas que se irá analizando o maxisterio do Papa, así como algunhas cuestións clarificadoras en torno á organización e historia da Igrexa. No blog www.roibaprofesionales.com pode atoparse máis información sobre esta actividade.

Coa idea de que as familias con fillos pequenos poidan gozar da vinda do Papa, organizaron plans familiares no percorrido que Benedicto XVI fará dende o aeroporto ata Santiago.

A EFA Fonteboa, pola súa banda, organizou unha simpática iniciativa, a credencial do estudante, na que se suxiren varias cousas para rezar polo Papa. Os estudantes teñen unha credencial na parte interior da cal hai 30 caixas, cada unha co selo dalgunhas poboacións do Camiño francés. Para conseguir os selos ha de ofrecerse cada día algo pola viaxe do Papa (a Santa Misa, unha hora de estudio, unha visita solidaria, etc.).

Ademais, varios colexios e asociacións xuvenís organizaron xornadas de adoración para pedir polos froitos da viaxe.