Benedicto XVI en Galicia

Dúas santiaguesas bordaron e entregaron ao Papa unha esclavina, que é un dos símbolos dos peregrinos. E a Administración do Colexio Maior A Estila elaborou unha detalladísima maqueta de 60 x 80 cm. da Catedral de Santiago realizada en chocolate.

A histórica visita do Santo Padre Benedicto XVI a Santiago de Compostela neste Ano Santo encheu de ledicia aos miles de fieis que se achegaron á cidade. A continuación narramos algunhas das iniciativas deses días dos fieis do Opus Dei, sen pretender sinalar todas.

Dende que se coñeceu a visita de que o Papa Benedicto XVI viría a Galicia, numerosas iniciativas puxéronse en marcha para colaborar en todo o que fixese falta. Moitas persoas preparáronse, seguindo as orientacións do Arcebispo, ofrecendo a Santa Misa, con Velas ao Santísimo, rezando o Rosario, e colaborando na difusión das ensinanzas do Papa, a través de libros e artigos, e diversas iniciativas da cidade. Algúns colexios e Asociacións culturais organizaron conferencias, en Ferrol, A Coruña, Vigo, Ourense...

Unha vieira e a cruz de Santiago

Adornada con dúas vieiras dous santiaguesas entregaron unha capa con esclavina a Benedicto XVI

Dende os colexios maiores e clubes xuvenís animouse aos mozos a participar como voluntarios. Ao redor de 200 rapaces e rapazas puideron tomar parte desta iniciativa en tarefas como protocolo, atención de Bispos, prensa, orde, limpeza ou acomodación nas distintas prazas, etc. Todos eles tomaron parte nas xornadas preparatorias e quedaron moi impresionados e agradecidos.

Xunto a estas tarefas de voluntariado organizadas, outras moitas ofrecéronse a traballar en tarefas de limpeza da catedral, chegando a quedar varias noites traballando. Recordando que o Papa Xoan Paulo II vestiu no 92 unha capa con esclavina, que é un dos símbolos dos peregrinos, adornada con dúas vieiras, dous santiaguesas bordaron nesta ocasión outra para o Papa Benedicto XVI , cunha vieira e a cruz de Santiago, e entregáronlla antes de entrar na Porta Santa. O Papa alegrouse ao vela e preguntou cun xesto se se podía abrochar. Contestáronlle que si, e contáronlle que cada puntada a ofreceran pola Igrexa. A foto do Papa con este símbolo do peregrino foi portada de varios medios.

Unha obra de arte de chocolate

Maqueta de 60 x 80 cm. da Catedral de Santiago realizada en chocolate pola Administración do Colexio Maior A Estila

A Administración do Colexio Maior A Estila, pola súa banda, levou a cabo unha iniciativa moi orixinal: a elaboración dunha detalladísima maqueta de 60 x 80 cm. da Catedral de Santiago realizada en chocolate, que ofreceron ao arcebispado de Santiago de Compostela coa ilusión de que puidese ser servida no xantar que o Santo Padre. Esta obra de arte de chocolate reproduce as distintas fachadas, portas e ventás do templo compostelano.

A torta foi acompañada dunha carta que asinan as 21 persoas que interviñeron na súa elaboración. Esta misiva iníciase cunhas cariñosas palabras das autoras: "Queridísimo Santo pai, moitas grazas por vir. As que traballamos na Administración do Colexio Maior A Estila, fixemos a catedral en chocolate, para demostrarlle o noso gran cariño e agradecemento. Colaboramos todas con ilusión e esforzo, pero sabemos que é un detalle pequeno comparado co que nos imos beneficiar coa súa visita ".

Os Colexios Maiores A Estila e Arosa, xunto a outras institucións da cidade, colaboraron na obtención de fondos para a colocación dunha estatua de Benedicto XVI na entrada da cidade polo Camiño francésfrancés

Unha escultura de Benedicto XVI

Os Colexios Maiores A Estila e Arosa, xunto a outras institucións da cidade, colaboraron na obtención de fondos -grazas á xenerosidade de antigos residentes- para a colocación dunha estatua de Benedicto XVI na entrada da cidade polo Camiño francés. A escultura, obra do artista Cándido Pazos, foi inaugurada o xoves 4 de novembro e deu a benvida ao Papa dous días máis tarde.

Miles de persoas organizadas nas viaxes dos colexios, asociacións, ou ben coas súas parroquias ou a título persoal, puideron acompañar ao Papa nos distintos actos ou ao longo do percorrido dende o aeroporto. Algúns imprimiron unha grande cantidade de camisetas e bandeiras que se distribuíron por toda a cidade.