A viaxe do Papa a Santiago de Compostela enche de alegría á Igrexa en Galicia

O Papa visitará en novembro Santiago con motivo do Ano San Compostelano, e en Barcelona consagrará o templo da Sagrada Familia.

Catedral de Santiago de Compostela

A noticia de que o Papa Benedicto XVI viaxará os próximos 6 e 7 de novembro ás dioceses de Santiago de Compostela e Barcelona, anunciada  por Mons. D. Julián Barrio Barrio e polo Cardeal Lluís Martínez Sistach, enche de alegría á Igrexa en Galicia e toda España.

O Papa visitará Santiago con motivo do Ano San Compostelano e, en Barcelona, consagrará o templo da Sagrada Familia. A Conferencia Episcopal Española colaborará coas dioceses mencionadas en todo o que sexa necesario.

Este será a segunda viaxe de Benedicto XVI España, tras o que tivo lugar en xullo de 2006 a Valencia con motivo do V Encontro Mundial das Familias. En agosto de 2011 está previsto que o Papa presida en Madrid os actos centrais da Xornada Mundial da Xuventude.

Templo Expiatorio da Sagrada Familia, en Barcelona

Todos os fieis e comunidades cristiás están invitados a elevar oracións, xa dende agora, polo feliz desenvolvemento da visita do Santo Padre e polos seus froitos apostólicos.

www.conferenciaepiscopal.es