A Estila cumpre 75 anos mirando cara ao futuro

“Hace 75 años dos catedráticos de esta Universidad, Laureano López Rodó y Amadeo de Fuenmayor, por impulso de san Josemaría, pusieron en marcha un colegio mayor que ha sido una señal, un referente durante todos estos años en la Universidad de Santiago”. Palabras do director da Estila, Miguel Jiménez de los Galanes, no pazo de Fonseca, no acto académico de inicio deste curso. “Tener por impulsor del colegio mayor a un santo es siempre un privilegio”, engadiu referíndose ao fundador do Opus Dei.

O reitor da Universidade de Santiago, Antonio López, lembrou os máis de cincocentos anos de historia de Fonseca e saudou aos residentes da Estila deste curso que, co paso do tempo, se sumarán aos 3.475 antigos alumnos. O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, e o concelleiro de Economía do Concello de Santiago, Manuel César Vila, tamén se dirixiron aos actuais universitarios. Este último confesou, con certa retranca, que nunca puido ir a un colexio maior porque xa vivía en Santiago. Este primeiro acto do 75 aniversario rematou co concerto do guitarrista José María Gallardo del Rey, a quen crítica e público sitúan entre os mellores solistas de guitarra clásica do mundo.

No seu libro Memorias (Praza & Janés / Cambio 16), Laureano López Rodó (Barcelona, 1920-Madrid, 2000) conta como, co “constante estímulo” de Escrivá de Balaguer, “emprendimos Fuenmayor y yo la aventura de promover la construcción en Santiago de una Residencia de Estudiantes de nueva planta con una capacidad de cien plazas (…) Recorrimos toda la región en busca de los medios económicos indispensables para llevar a cabo la empresa. Las gestiones no siempre fueron fáciles, pero, en general, hallamos muy buena acogida y el 21 de diciembre de 1948 se pudo inaugurar oficialmente el Colegio Mayor de La Estila, que es la respuesta de las gentes de Galicia a una necesidad sentida por su Universidad. Los residentes estrenaron La Estila en los primeros días de enero de 1949. La dirección espiritual del Colegio Mayor está confiada al Opus Dei”.

Con motivo do inicio do 50 aniversario da apertura de La Estila, López Rodó pronunciou, o 15 de outubro de 1998, unha conferencia sobre o que era a USC cando abriu a residencia. Despois de mencionar cada unha das facultades existentes e o seu profesorado, dixo: “Menos puedo olvidar a Germán Jiménez, el fiel colaborador desde 1945, hombre-base de este Colegio Mayor Universitario a quien todos admiramos y queremos. El tiempo ha pasado pero lo que alguien llamó “el estilo de La Estila” permanece”.

A este estilo tamén alude no libro La Estila. Una estrella alegre para toda la vida o xornalista Juan Vicente Boo, antigo residente e correspondente no Vaticano durante vinte anos. Alí resume unha historia chea de protagonistas que van desde residentes ata participantes nos máis de 1.200 cursos e xornadas celebradas, pasando polas iniciativas sociais e culturais promovidas. Hai figuras da vida galega como un moi novo Xosé Manuel Beiras Torrado, Ramón Otero Pedrayo, Álvaro Cunqueiro ou José María Castroviejo.

As celebracións desta efeméride incluíron unha misa na catedral de Santiago, celebrada polo arcebispo, Francisco José Prieto, cunha ofrenda ao Apóstolo. Tamén unha cea no hostal dos Reis Católicos na que participaron douscentos antigos residentes e que contou coa actuación do Grupo Troianos de Compostela. Non é casualidade a presenza deste grupo xa que na quinta versión cinematográfica de La casa de la Troya, a novela de Alejandro Pérez Lugín, participaron como extras moitos residentes do colexio maior. Aquela rodaxe tivo lugar no ano 1959.

Pero“nos interesa mirar el hoy y hablar del mañana. Más que nunca es momento de mirar al futuro”, indicou o director de La Estila. E apuntou que o proxecto cultural da residencia baséase no trípode do diálogo, o deporte e a festa, que busca potenciar as relacións humanas e de calidade ante o perigo que representan as pantallas. Nesta liña de futuro está tamén o que recolle Juan Vicente Boo no citado libro e co título explícito de “Mi hijo quiere ser residente”. E detalla: “A estas alturas, el número de colegiales que han seguido el camino de sus padres es ya muy alto. A veces se crean confusiones muy divertidas, pues llevan el mismo nombre”.