Recollida Solidaria de Alimentos "Álvaro del Portillo"

A Asociación Alumni da Universidade de Navarra, en Pontevedra, celebrou o segundo aniversario da beatificación de D. Álvaro del Portillo, cunha recollida solidaria de alimentos.

A Asociación Alumni da Universidade de Navarra, en Pontevedra, celebrou o segundo aniversario da beatificación de D. Álvaro del Portillo, Gran Chanceler nos anos 1975-1994, cunha recollida solidaria de alimentos,a través do Banco de Alimentos da cidade de Vigo.

Álvaro del Portillo tiña unha especial implicación cos máis necesitados, o que lle levou ao longo da súa vida a impulsar centenares de iniciativas sociais por todo o mundo. Con frecuencia dicía que "todos, na medida do posible, temos que poñernos en contacto coas persoas que sofren, cos enfermos, cos pobres, cos que están sós, abandonados", e animaba co seu exemplo a "impulsar a promover ou a participar en labores asistenciais, coas que se trata de remediar, de modo profesional, esas necesidades humanas e moitas outras".

Datos:

Recollida de alimentos días 30 setembro e 1 de outubro
En beneficio do Banco de Alimentos de Vigo
Fíxose en supermercados EROSKI.