"Os proxectos da Universidade de Navarra"

Conferencia de Alfonso Sánchez Tabernero sobre os proxectos da Universidade de Navarra

// José Lores

No salón de actos do antigo reitorado da Universidade de Vigo, tivo lugar a conferencia de Alfonso Sánchez Tabernero, reitor da Universidade de Navarra e catedrático de Empresa Informativa, sobre "Os proxectos da Universidade de Navarra". Expuxo que tras a inauguración no mes de xaneiro dun amplo Museo, a universidade ten, entre outros proxectos: fortalecer os programas de Posgrao; impulsar unha maior orientación ao emprendimiento dos alumnos a través dunha incubadora de empresas; consolidar o programa de voluntariado e o de integración de persoas con discapacidade; a internacionalización; e a investigación.

O acto foi presentado por Diego Maraña, antigo alumno da Facultade de Dereito desa Universidade e delegado de Alumni (Asociación de Graduados) na provincia de Pontevedra.

Fotos: MundiNova Consultora de Comunicación
Mais información:

https://www.farodevigo.es/gran-vigo/2015/02/13/alfonso-sanchez-tabernero-gran-desafio/1183409.html

https://www.atlantico.net/articulo/vigo/futuro-sera-apuestan-periodismo-sea-calidad-innovador/20150213093612460510.html