O Prelado do Opus Dei en Galicia

O pasado 23 de novembro, Mons. Javier Echevarría, prelado do Opus Dei, realizou unha rápida visita ás nosas terras coa finalidade de gañar o Xubileu e pasar un anaco cos fieis do Opus Dei.

Rezando ante o sepulcro do Apóstol

Mons. Echevarría chegou o martes ao mediodía procedente de Portugal para pasar unhas horas en Santiago de Compostela. Tratábase dunha viaxe que tiña como finalidade gañar o Xubileu na Catedral compostelana seguindo os pasos de Benedicto XVI, e ao que acudiu "co mesmo espírito" que San Josemaría Escrivá, que peregrinou a Santiago no ano 1938.

Tras gañar o Xubileu na Catedral e cumprir co abrazo ao Santo, tiveron lugar dous encontros con fieis do Opus Dei no Colexio Maior A Estila, co fin de impulsar as distintas iniciativas apostólicas, educativas, asistenciais, etc., que o Opus Dei desenvolve para todas as persoas en Galicia e en moitos lugares do mundo.

Cun grupo de mozos no Colegio Maior La Estila

Alí animounos a ser moi optimistas e non se desanimar ante as dificultades: "Veño aquí para agradecervos o que facedes e para que saibades que nunca estades sós". E engadiu explicando que é o Opus Dei: "Trátase de santificar a vida ordinaria. ¿Santificámola? ¿Cada día empeñámonos en facer ben a oración, en ser puntuais no traballo, en responder amablemente cando esteamos cansos, en buscar o xeito de servir ás outras persoas? Iso é facer o Opus Dei na vida corrente".

Ao redor de 1.000 persoas puideron estar neses encontros co Prelado da Obra.

Ante o Pórtico da Gloria na Catedral de Santiago

Mons. Javier Echevarría visitou Galicia en 1995. Naquela ocasión tivo lugar un encontro con máis de 13.000 persoas no Coliseum de A Coruña, ademais de participar noutras actividades en Santiago e inaugurar unha Casa de Convivencias en San Pantaleón dás Viñas. No ano 1999 tivo lugar a súa última visita que, como nesta ocasión, tivo un carácter máis privado.