O 6 de outubro con palabras de Xoan Paulo II

O día da canonización de San Xosemaría as palabras de Xoan Paulo II abriron un panorama en moitos corazóns. O Papa presentaba a Igrexa enteira ao Santo do ordinario. Esta é unha selección das súas palabras.

"[San Xosemaría] deixouse guiar dócilmente polo Espírito, convencido de que só así pódese cumprir plenamente a vontade de Deus".

 "Non deixaba de invitar aos seus fillos espirituais a invocar ao Espírito Santo para facer que a vida interior -a vida de relación con Deus- e a vida familiar, profesional e social, plena de pequenas realidades terrenas, non estivesen separadas, senón que constituísen unha única existencia 'santa e chea de Deus'. A ese Deus invisible -escribiu-, atopámolo nas cousas máis visibles e materiais".

"No contexto só aparentemente monótono do normal acontecer terreo, Deus faise próximo a nós e nós podemos cooperar ao seu plan de salvación".

"Elevar o mundo cara a Deus e transformalo dende dentro: hei aquí o ideal que o santo fundador vos indica, queridos irmáns e irmás que hoxe vos alegrades pola súa elevación á gloria dos altares. El continúa recordándovos a necesidade de non vos deixar atemorizar ante unha cultura materialista, que ameaza con disolver a identidade máis xenuína dos discípulos de Cristo".

 "Seguindo as súas pegadas, difundide na sociedade, sen distinción de raza, clase, cultura ou idade, a conciencia de que todos estamos chamados á santidade. Esforzádevos por ser santos vós mesmos en primeiro lugar, cultivando un estilo evanxélico de humildade e servizo, de abandono na Providencia e de escoita constante da voz do Espírito. Deste modo, seredes sal da terra"

"A fecundidade do apostolado reside, ante todo, na oración e nunha vida sacramental intensa e constante. Este é, no fondo, o segredo da santidade e do verdadeiro éxito dos santos".

Ángelus do 7 de outubro de 2002

"Existe un criterio seguro de santidade: a fidelidade no cumprimento da vontade divina ata as últimas consecuencias. O Señor ten un proxecto para cada un de nós; a cada un confía unha misión na terra. O santo non logra nin sequera se concibir a si mesmo fóra do designio de Deus: vive só para realizalo".

"[San Xosemaría] foi o santo do ordinario. En efecto, estaba convencido de que, para quen vive nunha perspectiva de fe, todo ofrece ocasión dun encontro con Deus, todo se converte en estímulo para a oración. A vida diaria, vista así, revela unha grandeza insospeitada. A santidade está realmente ao alcance de todos".

"Ensinou a contemplar o rostro tenro dun Padre no Deus que nos fala a través das máis diversas visicitudes da vida. Un Padre que nos ama, que nos segue paso a paso e nos protexe, compréndenos e espera de cada un de nós a resposta do amor".

"A consideración desta presenza paterna, que o acompaña a tódalas partes, dálle ao cristián unha confianza inquebrantable; en todo momento debe confiar no Padre celestial. Nunca se sente só nin ten medo. Na Cruz -cando se presenta- non vai un castigo senón unha misión confiada polo mesmo Señor. O cristián é necesariamente optimista, porque sabe que é fillo de Deus en Cristo".

"Estamos no mundo para salvalo con Cristo. Amou apaixonadamente o mundo, cun "amor redentor" (cfr. Catecismo da Igrexa Católica, n. 604). Precisamente por iso, as súas ensinanzas axudaron a tantos cristiáns correntes a descubrir a forza redentora da fe, a súa capacidade de transformar a terra".

"[O Fundador do Opus Dei] fomenta a cristianización do mundo dende dentro, mostrando que non pode haber conflito entre a lei divina e as esixencias do xenuíno progreso humano. Este sacerdote santo ensinou que Cristo debe ser o cumio de toda actividade humana (cfr. Jn 12,32). A súa mensaxe impulsa o cristián a actuar nos lugares onde se está a forxar o futuro da sociedade".