Libros gratuítos na Tenda Kindle de Amazon

A partir de agora os libros electrónicos editados pola Oficina de Información do Opus Dei poden descargarse gratuitamente desde a Tenda Kindle de Amazon. Polo de agora só en castelán. Pódense ler en calquera dispositivo da familia Kindle e tamén noutros computadores, móbiles ou tabletas a través das aplicacións gratuítas de Amazon.

O libro 'O Papa Francisco en Brasil', con todas as intervencións do Papa Francisco na JMJ de Río de Janeiro.

Os usuarios da plataforma Kindle poderán atopar para descarga gratuíta libros (en castelán) como:

- O Papa Francisco en Brasil

- 50 preguntas sobre Xesús

- Encíclica Lumen Fidei

- Primeiras palabras do papa Francisco

- Homilías de Semana Santa do Papa Francisco

- Concilio Vaticano II - Documentos completos

- Catecismo da Igrexa católica - Compendio

- Fe e razón segundo Bieito XVI

- Encíclicas de Bieito XVI

- Resumos de fe cristiá

O libro 'O Papa Francisco en Brasil', con todas as intervencións do Papa Francisco na JMJ de Río de Janeiro.

Para ler estes libros pódese utilizar calquera dispositivo Kindle, ou ben a aplicación gratuíta Kindle , dispoñible para computadores, teléfonos e tabletas.

Para descargar os libros, siga as ligazóns que aparecen ao comezo deste texto, búsqueos na tenda Kindle, ou atope as ligazóns en nosa " Guía de libros electrónicos ".