«Eu tomo iogures caducados, pero o banco non os entrega»

O Banco de Alimentos, estendeuse con rapidez por todo o territorio español grazas ao sacerdote da Prelatura, don Xosé María Sanabria, que puxo os cimentos da Fundación. Ofrecemos unha entrevista a Xosé Antonio Busto actual presidente desta institución.

Xosé Antonio Busto co galardón Principe de Asturias

O primeiro banco de alimentos de España foi o de Barcelona, fundado co apoio dun destacado empresario da industria da alimentación. A iniciativa estendeuse rapidamente por todo o territorio español grazas ao entusiasmo que puxo un sacerdote daPrelatura do Opus Dei, don Xosé María Sanabria que puxo os cimentos da Fundación que, a ritmo acelerado, abriu Bancos de Alimentos en cada provincia moito antes de que existise a crise. Na actualidade hai un total de 54 Bancos de Alimentos, con presenza en todas as provincias.

Transcribimos a entrevista realizada ao actual presidente do Banco de Alimentos de España na Voz de Galicia:

«Andaba polo aeroporto de Vigo enchufando o móbil onde podía para poder atender todas as chamadas». Así lembra José Antonio Busto Vila o pasado 12 de setembro, cando a Federación Española de Bancos de Alimentos, da que é o presidente, recibía o Premio Príncipe de Asturias da Concordia.

Ese día estivo en Ourense e en Vigo. Á cidade olívica volverá o vindeiro xoves, día 24, «para a inauguración da nova nave do Banco de Alimentos». Ao día seguinte estará na Coruña para pronunciar unha conferencia na Fundación Barrié organizada pola APA dos colexios Montespiñoe Peñarredonda.

 -Notouse o premio?

 -Por suposto! Está a abrirnos moitas portas. Temos agora mesmos 60 proxectos en marcha.

 -Cuantos bancos son?

 -Somos 54, camiño de 55. Cada vez a demanda crece máis. Estiven co ministro de Agricultura e quere facilitarnos cousas que necesitamos, como froitas, hortalizas e almacéns para os alimentos.

«Un voluntario quería vir só os días de choiva, os de sol ía xogar ao golf»

 -O ministro toma iogures caducados, vostede tamén?

 -Si, nin os miro. Pero ollo: eu tomo iogures caducados, pero o banco non a entrega, non os reparte nunca. Os nosos alimentos van parar a xente coas defensas baixas e aí os problemas poden ser gordos. Temos coidado e manexámonos coa lei.

 -Con tanto parado, é máis fácil contar con voluntarios?

 -Non, porque en canto atopasen traballo iríanse. Necesitamos saber os días e as horas ás que poden vir. Temos casos curiosos como un que quería ser voluntario os días de choiva, porque os de sol ía xogar ao golf. Non nos servía. No banco de Madrid o decano dos voluntarios ten 92 anos e ao oito da mañá está alí todos os días. Un banco de alimentos é como unha empresa, aínda que non ten donos; é un equipo, cada un autónomo, no que todos temos a intención de axudar á xente e por iso hai tal cantidade de iniciativas. Esta é unha idea moi simple que naceu en Estados Unidos en 1967 e agora é toda unha onda.

 -Están a suplir un labor da Administración?

 -Creo moito na iniciativa privada. En Alemaña o Goberno dixo que non quería bancos de alimentos, que era responsable da alimentación dos cidadáns. Agora teñen dous e van camiño de tres.

 -E a clásica cuestión: aumentan as doazóns?

 -No 2007 baixasen as doazóns e aumentase a demanda. Atendemos a 700.000 persoas e empezou a aumentar a demanda, igual que no 2008 e no 2009. A oferta seguía igual. No 2010, coma se adquiriuse conciencia do problema, empezamos a crecer a un ritmo do 20 %. Estamos na Federación Europea e os italianos dicíannos se non estariamos a facer mal os números. No 2011 atendemos a 1.300.000 persoas, con 104 millóns de quilos, e poida que no 2012 désemos alimentos a un millón e medio de persoas.

 -E a demanda?

 -Faltan alimentos en toda España. Todos os bancos teñen entidades para entrar no circuíto; en Madrid hai 40 que están a esperar.

 -Seguirán os chamados excedentes da Unión Europea?

 -É un tema delicado, falarei diso na conferencia da Fundación Barrié. Estamos a mover cousas. Este ano terémolos, o próximo dámolo por perdido e sería suplilo a base de compras do Goberno. Son 84 millóns de euros. A ver que pasa.

RODRI GARCÍA // A Coruña / La Voz de Galicia