En prol da muller africana

Celine Tendobi, premio Harambee 2013, pronunciou unha conferencia na Coruña pechando a sua viaxe en España en prol da muller africana

A médico congoleño Celine Tendobi, doutora e ecógrafa do Hospital Monkole, en Kinshasa, representante do programa "Maternidade Sen Risco" co que o centro médico reduciu nun 50% a mortalidade de mulleres embarazadas no Congo, recibiu o premio anual á Promoción e Igualdade da Muller Africana que outorga a ONG Harambee España.

Celine percorreu diferentes cidades de España para dar a coñecer o seu traballo e na procura de axudas e medios económicos para continuar a súa labor no Congo.

O labor de Tendobi para mellorar a calidade de vida da muller africana embarazada, a súa tarefa asistencial á fronte do centro de loita contra a transmisión da sida da nai ao neno, que conseguiu reducir nun ano o 25% das taxas de infección. Foron os principais méritos para outorgarlle o galardon.

O Premio Harambee tamén recoñece o papel da doutora Tendobi na promoción da saúde de preto de 30.000 mulleres embarazadas en situación de risco, o seu esforzo na posta en marcha de programas de prevención da transmisión do VIH entre 5.000 mulleres do barrio de Kindele, en Kinshasa, o seu protagonismo no desenvolvemento dunha escola de Enfermaría local que formou a 500 enfermeiras.

Os fondos recadados co Premio Harambee España e todas as actividades celebradas nestes días en España con motivo do galardón irán destinados a sufragar parte dos gastos do Centro Materno Infantil do Hospital Monkole, unha institución sanitaria que desde 1991, impulsada polo prelado do Opus Dei Álvaro del Portillo , atende cada ano a 100.000 congoleños.