"Deus propúxome a mellor historia"

Emilio Vázquez naceu en Pontevedra fai 34 anos. Estudou Historia na Universidade de Santiago de Compostela e exerceu a docencia en colexios de Vigo e La Coruña. Leva varios anos estudando Teoloxía en Roma.

¿Como coñeciches o Opus Dei?

Grazas a un amigo que me invitou, canto eu tiña 10 anos, a ir por unha Asociación Xuvenil levada polo Opus Dei, que se chama Tambre: foi unha experiencia inesquecible estar con xente da túa idade facendo todo tipo de actividades as fins de semana. Das que teño maiores recordos é dos festivais da canción, buscas do tesouro pola cidade de Pontevedra, campamentos en Montecelo (Betanzos), e por suposto os chocolates con churros da festa do novo. Alí ensináronme a rezar a Virxe e a confesarme; en definitiva a coñecer e amar a Deus. Pouco a pouco fun crecendo e aprendendo máis cousas: estudar con máis intensidade, tratar ben os meus amigos, facer un anaco de oración, portarme ben na casa cos meus pais e irmáns, aprender a tocar a guitarra, etc; isto último serviume de feito para formar parte dun grupo musical cando era alumno do colexio Sagrado Corazón de Pontevedra, e tocar durante as festas de fin de curso. Tamén me ensinaron a querer ao Papa, acórdome perfectamente cando fomos ao Monte do Gozo á Xornada Mundial da Xuventude, eu tiña 14 anos, e foi tamén unha experiencia incrible estar con novos de tantos países do mundo escoitando e rezando con Xoan Paulo II.

 ¿Por que sacerdote agora, despois de varios anos de traballo profesional?

Eu tamén me fixen a mesma pregunta, e respondinme ¿e por que non? A verdade é que a historia vén de lonxe, pois cando notei que Deus me chamaba a ser numerario do Opus Dei e lle dixen que si, xa me"tirara á piscina", e lle dixen o Señor: aquí estou para o que Tiqueiras. El ten pensado o mellor para mi, púxenme nas súas mans. Eu estudei a carreira de Historia na Universidade e Santiago de Compostela, e Él propúxome a mellor historia, eu díxenlle que si, e a verdade é que máis feliz non podo ser.

"Eu estudei a carreira de Historia na Universidade e Santiago de Compostela, e Él propúxome a mellor historia, eu díxenlle que si, e a verdade é que máis feliz non podo ser".

A verdade é que o traballo que tiña me encantaba, fun profesor de Historia tanto en A Coruña (Colexio Peñarredonda) coma en Vigo (Colexio Montecastelo). Co que máis gozaba era nas clases da ESO.Yo ía feliz ao cole, sobre todo porque cada día aprendía máis deles ca eles de min, polo esforzo que poñían en facer ben as cousas, pola naturalidade coa que se comportaban e me contaban os seus problemas, polas preguntas indiscretas que me facían, polo sentido común e o sentido da xustiza que practicaban. E despois estaban os pais dos meus alumnos que se fiaban de mi e deixábanme colaborar con eles no labor mais marabillosa que teñen entre mans, que é a de educar os seus fillos. E non me quero esquecerme os meus compañeiros, profesores como eu, que me ensinaron tantas cousas que me serviron, e penso que me servirán, o resto da miña vida de sacerdote.

¿Que papel tivo a súa familia na súa vocación?

Penso que moito. Non se exactamente o que rezarían por mi, pero si se o exemplo que me deron, especialmente en querer os demais, en primeiro lugar a Deus, e a ser leal á palabra dada.

 ¿E que opinan eles e os teus amigos?

Pois que van opinar, que qué pasada, cando lles di a noticia puxéronse como tolos de alegría. Eu son o terceiro de 9 irmáns, e un deles Checho, xa está no Ceo. E como en toda familia numerosa hai reaccións do mais variado. Pero todos me animaron e felicitaron pola miña decisión. Somos unha familia moi unida e todos estarán comigo o día 8 de maio en Roma, e por suposto estará tamén Checho a unirnos a todos.

¿Que lle parece que necesita a Igrexa agora?

Redescubrir a alegría de estar en graza de Deus, e que Deus non se cansa de perdoarnos cando metemos a pata. Temos a grande sorte, os que vivimos nesta época, de coñecer o gran papa Xoan Paulo II e agora a Bieito XVI. Se lésemos os seus escritos e discursos, descubririamos o amor que teñen ao home e o amor que teñen a Deus. Con dúas persoas así eu voume á fin do mundo e a onde faga falta.

¿Por que cres que diminuíron as vocación nos últimos tempos?  Por que grazas a Deus o home é libre, tan libre que pode tirar a súa vida pola ventá se lle apetece. Pero a verdadeira liberdade é a que che leva a facer o mellor, a facer o ben e servir aos demais, e pola pouca experiencia que teño, podo dicir, que é unha gozada. E non é tan así como dise pois como ben a vai en África, Asia e América as vocación van en aumento; e só abonda ver os datos destes países para darse conta de que Deus segue chamando e segue actuando, e que homes e mulleres de todo o planeta lle seguen dicindo que si, si quero vivir a mellor aventura da miña vida.

Emilio Vázquez Gestal