Desenvolvemento do labor apostólico do Opus Dei en Galicia

 

Dende La Estila, os membros da Obra realizaron as primeiras viaxes periódicas para atender o labor apostólico que se iniciaba nas principais cidades. No comezo dos anos sesenta ábrense centros en Vigo e A Coruña: posteriormente en Ourense, Ferrol, Pontevedra, Lugo, etc. En todas esas cidades hai membros do Opus Dei, mesmo que noutras moitas cidades, vilas, pobos e aldeas da Comunidade Autonóma.

Ao Colexio Maior Universitario La Estila (www.estila.org) sumáronse outras iniciativas como o Colexio Maior Arosa ( www.cmarosa.org ) tamén en Santiago de Compostela, o Centro de Estudos Superiores Aloya (www.aloya.es) en Vigo, ou as asociacións culturais Rueiro ( (www.rueiro.org) na Coruña, Albeiro (www.albeiro.es) en Vigo, etc.
En 1983, membros do Opus Dei, coa axuda doutras persoas, promoveron en Vilanova de Arousa un Centro de Convivencias, Olbeira, onde, dende entón e de forma ininterrumpida, celébranse actividades de formación para grupos de persoas de idade e procedencia moi variada: retiros espirituais, cursos profesionais, ciclos de conferencias, xornadas universitarias, convivencias de verán, etc.
Outra iniciativa apostólica levada adiante por membros da Obra é Montecelo, en San Pantaleón das Viñas (Paderne) onde, dende 1972, véñense celebrando campamentos de verán, acampadas, olimpiadas deportivas…, polas que pasaron máis de dez mil rapaces, da maior parte de Galicia. A raíz da utilización progresiva destas instalacións xurdiu a necesidade de rehabilitar o antigo Pazo de Montecelo, neses mesmos terreos, e que foi reconstruido en 1995 coa colaboración de institucións e de centos de familias galegas.
Aínda que o apostolado máis importante do Opus Dei é o que cada quen dos seus fieis realiza no medio do traballo cotián e das circunstancias habituais nas que se atopa, algúns dos seus membros promoven en Galicia -sempre baixo a súa persoal responsabilidade e asociándose a outra persoas- variadas iniciativas de carácter asistencial, educativo, de promoción cultural e social, etc. Un exemplo diso son as Escolas Familiares Agrarias El Piñeiral, de Arzúa (www.pineiral.es) e Fonteboa, de Coristanco (www.efagalicia.org), adicadas á formación profesional de mulleres e homes do medio rural. Nestas Escolas, que forman a Federación de EFAS de Galicia (www.efagalicia.org) milleiros de rapaces e rapazas galegas cursaron estudios de Formación Profesional Agraria -e agora de Secundaria- ao longo de vintecinco anos de actividade docente.
A través destas tarefas apostólicas que contan coa atención espiritual do Opus Dei, organízanse actividades diversas, dirixidas ao fomento da cultura e do deporte, asistenciais ou de promoción social, etc. Con estas iniciativas, ademais de enriquecer as persoas que as levan a cabo, preténdese contribuir positivamente á resolución de problemas actuais que ten a sociedade. Como exemplo, cómpre citar o labor de voluntariado e solidariedade que desenvolve o Colexio Maior Arosa ou os campos de traballo que desde hai moitos anos promove o Colexio Maior La Estila. En A Coruña, é outro ejemplo, a Asociación Rueiro organiza todos os anos a campaña ‘Ningún neno sen Reis’, que conta coa axuda e participación de numerosas persoas e institucións da cidade.
Outros membros do Opus Dei promoveron con colegas e amigos, durante estes anos, asociacións de carácter moi variado, adicadas ao voluntariado social, atención de anciáns e disminuidos, colaboración á educación de familias, etc. Todas esas iniciativas mostran o interés que ten a Prelatura polos problemas sociais.