Ao norte do Círculo Polar

Chámome Fran e vivo en Galicia, e os tres meses que pasei en Finlandia déronme a oportunidade de coñecer de preto e apoiar o labor do Opus Dei nos países do norte de Europa.

En Laponia

Isä Raimo celebra a Santa Misa nunha cabana de madeiros na tundra norueguesa, a 20 quilómetros da costa do Océano Glacial Ártico. É xa o terceiro día dunha convivencia que comezaba dous días atrás en Helsinki, e que nos levou a través da Laponia finlandesa, sueca e norueguesa. E o noso guía, Juhani, é pastor luterano nun pobo próximo... Chámome Fran e vivo en Galicia, e os tres meses que pasei en Finlandia déronme a oportunidade de coñecer de preto e apoiar o labor do Opus Dei nos países do norte de Europa.

Lappeenranta é unha pequena cidade a beiras do lago Saimaa, ao suleste de Finlandia. Atópase a uns 200 km de San Petersburgo e a só 25 da fronteira con Rusia. Cando empecei a miña tese doutoral en Ferrol, hai dous anos, non me podía imaxinar que as miñas investigacións íanme levar tan lonxe, pero este ano tiven a oportunidade de completar a miña formación técnica durante tres meses no estranxeiro, e o destino seleccionado foi finalmente a Universidade Tecnolóxica de Lappeenranta.

Antes de chegar a Finlandia, pensaba neses tres meses con certa preocupación, porque o centro do Opus Dei máis próximo está en Helsinki, é dicir, a máis de 200 quilómetros da miña universidade. Conseguín organizar o meu plan de traballo de modo que cada fin de semana tiña tempo abondo para tomar un tren e regresar á capital. Deste xeito, puiden seguir participando da vida en familia dos centros da Obra, recibindo os medios de formación e, sobre todo, asistindo á Santa Misa, porque en Lappeenranta e a súa moi ampla bisbarra non hai igrexas católicas. De feito, a presenza dun católico entre os investigadores da universidade espertou, de entrada, bastante curiosidade.

Aos poucos días de chegar, xa contestara a un montón de preguntas dos meus colegas e titores sobre a Igrexa Católica, o Opus Dei ou que significa ser santo no medio do mundo. Moitos deles teñen unha visión da relixión moi distinta da fe católica: algúns son ortodoxos, outros luteranos, hai uns cantos musulmáns e unha gran maioría non ten unha experiencia habitual de trato con Deus.

Tavasttahti

Non obstante, as conversacións xiraron moitas veces arredor de temas profundos como o sentido da vida, a necesidade dun trato persoal con Deus ou cál é a relixión verdadeira, sempre cun grande respecto polos puntos de vista dos demais, aínda que non fose doado chegar a un acordo en moitos deles.

Para a maioría tratábase do primeiro contacto cunha persoa do Opus Dei e as ensinanzas de san Josemaría parecéronlles novidosas e atractivas. Por exemplo, ao falarlles da necesidade de traballar coa maior perfección posible, por amor de Deus, varias veces recibín a resposta "esa é unha idea moi luterana". Eu sempre contestei que, ademais, é tamén unha idea "moi católica" e moi propia do espírito do Opus Dei.

O labor do Opus Dei en Finlandia comezou hai vinte anos. Dende hai tempo existe un Club Xuvenil, Kuunarikerho, en Helsinki e este ano estáse a poñer en marcha unha residencia universitaria, Tavasttähti. Os comezos estanse afrontando con moita ledicia e bo humor, aínda que de maneira habitual toque afrontar situacións un pouco “extraordinarias” : levar una nevera ao novo centro que se está a instalar en Lituania, organizarse para preparar a comida varios días á semana…

Ao longo destes tres meses puiden axudar no acondicionamento da casa, pintando paredes, arranxando escaleiras e montando mobles xunto aos demais membros da Obra e aos rapaces que acoden polo centro: Patu recolle as follas que o outono vai amontoando no xardín, Alex remata de pintar a Cruz de pau que se porá no oratorio, Teo dá clases de castelán aos rapaces do Club... Algunos deles son luteranos ou pentecostales, pero todos participan do ambiente de alegría e do bo espírito co que se van soportando as pequenas incomodidades xurdidas ao longo dos traballos. E, de igual modo que en Ferrol son monitor no Club Xuvenil Roiba, tamén en Helsinki tiven a ocasión de participar nas actividades de Kuunarikerho, comprobando que o idioma non é un obstáculo para ensinar aos rapaces máis novos a tocar a guitarra, gravar unha película con eles ou para acompañalos a facer un anaco de oración ante o Sagrario.

Lappeenranta

Agora que xa volvín a Galicia, sigo encomendando este fantástico país para que a relixión católica vaia calando a bo ritmo nas súas xentes.

Laponia (Finlandia)