Alvaro del Portillo, recordando en Fátima (Vigo)

O próximo martes 23 de marzo, as 20 horas, celebrarase unha eucarística na parroquia de Nosa Señora de Fátima por Alvaro del Portillo, primeiro sucesor do fundador do Opus Dei co gallo do aniversario do seu falecemento o 23 de marzo de 1994.

D. Álvaro del Portillo á esquerda de San Josemaría, fundador do Opus Dei

Dende entón, veuse celebrando a misa nos aniversarios tanto en Vigo coma noutras cidades galegas. O oficiante principal este ano será Ángel Lasheras, vicario do Opus Dei para Galicia. Alvaro del Portillo participou no Concilio Vaticano II así como nalgunhas das súas comisions preparatorias, foi o primeiro sucesor de san Josemaría Escrivá ao frente do Opus Dei e o seu proceso de canonización concluiu a fase no Vicariato de Roma. Foi ordeado sacerdote en Madrid en 1944 por Leopoldo Eijo y Garay. Estivo na cidade de Vigo en dúas ocasions, en exercicios de meditacións nos colexios de Cluny e en Carmelistas.

Atlántico Diario