A pediatra Esther Tallah, Premio Harambee 2016 á promoción da muller en África

A pediatra leva anos traballando para mellorar a educación das nenas do seu país, Camerún

En Camerún, máis do 70% das cativas das zonas rurais non están escolarizadas. As nenas medran coidando da casa e dos irmáns pequenos, perpetuando unha tradición obsoleta que afoga o seu potencial. A pediatra Esther Tallah leva anos traballando para mellorar a educación das nenas do seu país. O seu labor foi recoñecido co Premio Harambee 2016 á promoción da muller en África.

Esther Tallah fundou a asociación Efedi para que as nenas de Camerún accedan a unha educación de calidade. Desde a escola, esta pediatra comprometida coa igualdade quere derrubar tradicións antigas e inxustas que reclúen a muller na casa ou nun matrimonio imposto e prematuro. A historia de Amina é a historia de moitas nenas camerunesas.

A doutora visitou Galicia para recibir o Premio Harambee 2016 á promoción da muller en África e para impulsar o seu proxecto. A primeira escola chámase Tiama.

A ONG Harambee desenvolve proxectos solidarios na África subsahariana desde o ano 2002. A educación, a sanidade e o traballo son as súas prioridades.

http://www.crtvg.es/informativos/a-pediatra-esther-tallah-premio-harambee-2016-a-promocion-da-muller-en-frica