Number of articles: 461

San Josemaría, de Torreciudad a Oleiros pasando por Italia

A nova igrexa de Santa Cruz de Oleiros (A Coruña) ven de estrear unha escultura do fundador do Opus Dei inspirada na do santuario de Torreciudad e esculpida na cidade italiana de Pietrasanta.

Do Opus Dei

O galego Rafael Arias escribe o cómic “Tomás y Paquita. Juntos hasta el cielo"

A biografía destes supernumerarios do Opus Dei está ilustrada polo deseñador gráfico Juan Juvančič, autor de curtas de animación e cómics publicados en España, Eslovenia e Croacia.

Do Opus Dei

"Actualidade" e "teoloxía moi profunda" nos libros "É Cristo que pasa" e "Amigos de Deus"

O bispo de Tui-Vigo, don Luís Quinteiro Fiuza, salientou a vixencia das homilías de san Josemaría publicadas por primeira vez hai medio século. Nelas “seguimos a encontrar unha mensaxe transcendente que nos enche o corazón. Estes libros chegaron nun momento que renovan a nosa ilusión por eles”. Falaba don Luís de "É Cristo que pasa" e "Amigos de Deus" que ven de publicar por primeira vez en galego pola editorial Agoeiro.

Do Opus Dei

A loita pola vida dunha enfermeira galega no Congo

A enfermeira viguesa Candelas Varela Vázquez vive e traballa dende hai vinte anos na República Democrática do Congo, un país que o Papa Francisco sinalou como moi perigoso para os católicos, onde a violencia da ditadura conflúe coa fame, a miseria e unha malaria que afecta sobre todo aos máis débiles. O xornal "Faro de Vigo" recolleu a situación de Candelas, que forma parte do Opus Dei, e lembrou a súa historia.

Iniciativas sociais

Viaxe do prelado do Opus Dei a Galicia, Castela e León e Asturias

Do 1 ao 6 de xullo, Mons. Fernando Ocáriz participou en encontros con diferentes colectivos -familias, enfermos, membros do Opus Dei e amigos-, en Galicia, Castela e León e Asturias. Tamén estivo con varios bispos e concelebrou misas nas catedrais de Santiago e Oviedo. Nun dos encontros lembrou as súas raices galegas reflectidas no seu segundo apelido: Braña.

Do Opus Dei

As homilías de "É Cristo que pasa" e "Amigos de Deus", en galego

A editorial Agoeiro vén de publicar en galego os libros de homilías de san Josemaría Escrivá É Cristo que pasa e Amigos de Deus. O primeiro volume saíra en 1973, dous anos antes da morte do fundador do Opus Dei; o segundo é póstumo e chegou ás librarías en 1977. Cada un destes libros contén 18 homilías que foron traducidas ao galego por Araceli Filgueira Iglesias.

Do Opus Dei

DisCamino: Non deixes que che digan que non podes

En 2009 Gerardo, un xordo-cego de 31 anos, viaxou dende Roncesvalles ata Compostela nun triciclo tándem. Así xurdiu un grupo de voluntarios, que pedalean cos seus copilotos de distintas capacidades. Neste dobre ano xacobeo percorreron 2.900 quilómetros por diferentes rutas do Camiño de Santiago. Moncho, un vigués do Opus Dei, sumouse a este proxecto e explica como esta iniciativa ofrece apoio e respiro ás familias e os coidadores.

Iniciativas sociais

Marcos Cavestany, de arquitecto solidario en Galicia a sacerdote

Monseñor Ricardo García, bispo da prelatura de Yauyos-Cañete-Huarochirí (Perú), ordenou o pasado 21 de maio, na basílica de San Eugenio de Roma, a 24 sacerdotes da prelatura do Opus Dei. Entre os novos curas está Marcos Cavestany que fixo parte do seus estudios de arquitectura na Universidade da Coruña e traballou en asociacións xuvenís galegas como o club Doira de Vigo e o club Rueiro da Coruña

Do Opus Dei

A economista nixeriana Franca Ovadje, premio Harambee pola súa promoción das mulleres africanas

Galicia promove diversas iniciativas de apoio a Harambee, a ONG posta en marcha con motivo da canonización de san Xosemaría Escrivá, fundador do Opus Dei. O premio deste ano recoñece os programas de formación para mulleres emprendedoras promovidos por Ovadje que converteron a moitas delas en pequenas empresarias. Franca Ovadje é unha prestixiosa economista nixeriana, graduada nas universidades de Ibadan e Nsukka e doutora en Administración de Empresas polo IESE.

Iniciativas sociais

Premio para Fonteboa pola súa implicación no desenvolvemento rural

O Centro de Promoción Rural-EFA Fonteboa recibiu o XXII Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, un galardón convocado polo grupo empresarial Aresa e a Universidade de Santiago (USC). O xurado, segundo subliñou o seu presidente, o reitor da USC, Antonio López, tivo especialmente en conta o labor de formación e capacitación profesional que desenvolve Fonteboa desde a súa posta en marcha en 1975 no concello de Coristanco.

Revista de prensa