«Hai pouca literatura relixiosa en galego e iso é unha mágoa»

Filgueira foi a responsable da edición das conversas con Escrivá de Balaguer na nosa lingua.

Araceli Filgueira coa Praza da Leña de fondo. Foto: CAPOTILLO

La Voz de Ourense «Hai pouca literatura relixiosa en galego e iso é unha mágoa»

Enlace a la entrevista en La Voz de Galicia (Edición Ourense).

*****

No Centro Cultural Marcos Valcárcel preséntase hoxe (20.00 horas) a tradución al galego do libro «Conversacións con monseñor Escrivá de Balaguer». Araceli Filgueira, filla do intelectual ao que o pasado ano se lle adicou o Día das Letras Galegas, foi a encargada da tradución ao galego da obra. Hai uns anos xa asinara a versión galega de «Santo Rosario», editada tamén por Follas Novas Edicións.

A editorial fala do achegamento á obra de Escrivá e unha homenaxe ao xornalismo

É unha obra diferente, que recolle entrevistas que lle fixeron en xornais e publicacións de todo o mundo, de Le Figaro a The New York Times e de Telva á Palabra. Escrivá de Balaguer foi contestando todo o que se lle preguntaba, por veces cuestións duras ou brutais, e só puxo como condición que as preguntas fosen respetuosas.

¿Por que unha versión en galego dun traballo de 1968?

Hai moi pouca literatura relixiosa en galego e iso é unha mágoa. El, ao que eu coñecín en persoa, sempre dicía que a mensaxe do Opus Dei tiña que chegar a todo o mundo na lingua que empregan as persoas que o escoitan. Alonso Montero agredeceume que fixera o traballo, porque aínda sendo algo que é para un público minoritario está feito na nosa lingua.

¿Que aportan as conversas despois de case medio século?

É sorprende comprobar como as súas reflexións sobre a Igrexa ou o Concilio ?que daquela acababa de concluir? as liberdades, os dereitos, a muller, a sociedade, a comunicación e outros aspectos se poderían aplicar aos tempos actuais.

M. Gonzalez

​La Voz de Ourense